• International
  • Sitio local
  • Learning

MainFotos


Efectos cuánticos a simple vista:


helio líquido fervendo


Helio (4He) líquido fervendo por enriba e por debaixo de Tλ = 2.17 K.

As dramáticas diferencias na ebulición (moitas burbullas de gas e axitación do líquido se T > Tλ e sen burbullas para T < Tλ) son directamente debidas a que na fase superfluida os efectos cuánticos manifestanse a escalas macroscópicas: a conductividade térmica do líquido nesa fase superfluida é tan grande que toda a evaporación ten lugar na interface líquido (superfluido)-gas. Pero, ademais, calquera desas dúas fotos constitúe unha manifestación “visual” do Principio de Indeterminación de Heisenberg: a pesar das tan baixas temperaturas o helio non solidifica debido á “enerxía do punto cero”. (Foto obtida no laboratorio de estudiantes das materias de Criotecnoloxía e de Fenómenos Críticos da Facultade de Física da Universidade de Santiago). Para máis detalles, ver F. Vidal, La constante de Planck a escalas macroscópicas: superfluidos y superconductores. Revista Española de Física 14, 77 (2000).




The LBTS laboratory is a partner of the ENERMAT transnational network


Printer-friendly version - Contact webmaster - Website admin - Page admin
Page last modified on January 08, 2008, at 11:52 PM.