• International
  • Sitio local
  • Learning

MainInvestigacion



Liñas de Traballo:

  1. Crecemento e caracterización de materiais e dispositivos de dimensionalidade reducida: películas delgadas supercondutoras e doutros materiais avanzados, sistemas micro-patroneados e/ou nano-estruturados.
    [+ info]
  2. Medida de propiedades físicas de novos materiais e dispositivos supercondutores e/ou de dimensionalidade reducida (nanoestructurados, interfaces entre distintos materiais, etc.).
    [+ info]
  3. Estudo teórico e computacional de materiais: materiais supercondutores, materiais en interacción con supercondutores, sistemas con dimensionalidade reducida, dinámica de fluídos cuánticos (microfluidez, nanofiltración, dinámica do fluído electrónico supercondutor e os seus vórtices, etc.).
    [+ info]






Liña de Traballo #1:

"Crecemento e caracterización de materiais e dispositivos de dimensionalidade reducida: películas delgadas supercondutoras e doutros materiais avanzados, sistemas micro-patroneados e/ou nano-estruturados."


-1.1. Crecemento de películas delgadas de materiais metálicos e compostos.

Abórdase o crecemento de películas delgadas supercondutoras e doutros materiais (semicondutores, etc.), así como a caracterización da súa estrutura ao dotalos de patroneados micrométricos (micropontes, etc.) e/ou de nanoestruturación (gating con líquidos iónicos e/ou nanomáscaras, uso de substratos nanoestructurados, etc.). Neste sentido, o LBTS forma parte da rede COST europea NanoSC para o estudo de supercondutores nanoestructurados.

-1.2. Elaboración de dispositivos supercondutores.

Elaboración de dispositivos ou compoñentes de dispositivos supercondutores, entre os que destacan:

  • Limitadores indutivos de corrente supercondutores. O LBTS posúe varias patentes neste tipo de limitadores, tendo fabricado varios prototipos funcionais.
  • Limitadores supercondutores de tamaño apto para a súa integración en circuítos electrónicos (microlimitadores). Crécense películas delgadas supercondutoras con patroneados ad hoc de micropontes, para producir limitadores resistivos de corrente.
  • Compoñentes supercondutores nanoestructurados: crecemento de supercondutores con nanoestruturación inducida por outros materiles en contacto (gating con líquidos iónicos e/ou nanomáscaras, películas con substrato nanoestructurado, sistemas con ancoraxe de vórtices).

-1.3. Crecemento de aliaxes metal-pnicturo supercondutor.

Abórdase o crecemento de aliaxes de aluminio e supercondutores pnicturos baseados en ferro, como unha vía para o desenvolvemento de novos tipos de cables supercondutores e para outras morfoloxías (mediante extrusión).

-1.4. Elaboración de dispositivos para la microfluidez y nanofiltración.

Se aborda el desarrollo, usando nuestra infraestructura de crecimiento de capas delgadas y de litografiado, de dispositivos microfluidicos tipo lab-on-a-chip para aplicaciones de análisis de partículas nanométricas transportadas por líquidos de interés (aplicaciones clínicas, y medioambientales).



[Voltar ao listado de liñas de traballo]




Liña de Traballo #2:

"Medida de propiedades físicas de novos materiais e dispositivos supercondutores e/ou de dimensionalidade reducida (nanoestructurados, interfaces entre distintos materiais, etc.)."


-2.1. Propiedades de novos supercondutores e sistemas con interfase dun supercondutor con outro material: Medidas de propiedades eléctricas, magnéticas e térmicas.

Estudo experimental de:

  • Pnicturos supercondutores de alta temperatura (os recentemente descubertos baseados en Fe).
  • Cupratos supercondutores de alta temperatura con distintas dopaxes.
  • Sistemas híbridos supercondutor-metal: cables supercondutores de alta temperatura de segunda xeración industrial (fitas multicapa cuprato-metal), novos cables supercondutores baseados en aliaxes pnicturo-metal.
  • Comportamento a altas densidades de corrente e curvas VI de supercondutores e outros medios non lineais. Correntes críticas e supercríticas.
  • Comportamento a baixas temperaturas de novos sistemas bidimensionais (interfaces entre medios laminares, heteroestructuras).
  • Sistemas híbridos supercondutor-líquidos iónicos en configuración de dopado por gating.

-2.2. Propiedades de dispositivos supercondutores.

Estudo experimental de dispositivos ou compoñentes de dispositivos supercondutores, entre os que destacan:

  • Elementos baseados en cables supercondutores 2G de orixe industrial (funcionando con altas densidades de corrente, en condicións de proximidade ao seu fallo térmico; correntes críticas e supercríticas).
  • Limitadores de corrente supercondutores, tanto de tipo indutivo como resitivo para integración en microcircuítos (microlimitadores).
  • Compoñentes supercondutores nanoestructurados: supercondutores con nanoestruturación inducida por outros materiais en contacto (películas sobre substratos nanoestructurados, gating con nanomáscaras, sistemas con ancoraxe de vórtices).

-2.3. Propiedades de dispositivos para a microfluidez e nanofiltración.

Deseño e medición de:

  • Dispositivos microfluidicos tipo lab-on-a-chip para aplicacións de análises de partículas nanométricos transportadas por líquidos de interese (fabricados e caracterizados estruturalmente coa nosa infraestrutura; aplicacións clínicas e ambientais).
  • Filtros para a nanofiltración de líquidos utilizando medios ou dispositivos compostos por microporos funcionalizados con nanopartículas (obtidos comercialmente ou mediante colaboracións con grupos capaces de crecer as nanoestruturas apropiadas). Mellora da nanofiltración mediante electrocoagulación.



[Voltar ao listado de liñas de traballo]




Liña de Traballo #3:

"Estudo teórico e computacional de materiais: materiais supercondutores, materiais en interacción con supercondutores, sistemas con dimensionalidade reducida, dinámica de fluídos cuánticos (microfluidez, nanofiltración, dinámica do fluído electrónico supercondutor e os seus vórtices, etc.)."


-3.1. Estudo computacional e analítico dos supercondutores e outros materiais en interacción con eles, dos sistemas con dimensionalidade reducida, de sistemas microfluidicos e de nanofiltración, e dinámica de fluídos en condicións cuánticas.

En particular:

  • Aspectos teóricos dos supercondutores: os seus fenomenos críticos; simetrías da función de onda; vorticidade en supercondutores nanoestructurados e inhomoxéneos.
  • Aspectos teóricos de supercondutores en contacto con outros materiais: interacción dos supercondutores con líquidos iónicos en configuración de gating; estudo de centros de ancoraxe de vórtices inducidos nas interfases.
  • Aspectos teóricos de dispositivos con baixa dimensionalidade térmica: avalanchas térmicas inducidas por altas densidades de corrente en supercondutores e outros sistemas con resistividade non lineal (semicondutores, etc).
  • Cálculo de dinámica de fluídos en condicións cuánticas: simulación computacional e cálculos analíticos de sistemas para a nanofiltración de líquidos; dinámica de fluídos computacional de líquidos cuánticos (CFD-Q) no mar electrónico supercondutor e en sistemas de dimensionalidade reducida (con nanodots, etc.).



[Voltar ao listado de liñas de traballo]




The LBTS laboratory is a partner of the ENERMAT transnational network


Printer-friendly version - Contact webmaster - Website admin - Page admin
Page last modified on June 02, 2015, at 11:09 AM.