• International
  • Sitio local
  • Learning

MainMaza


About J. Maza

>> en galego >>

Graduated in CC. Physics from the University of Zaragoza in 1978. Doctorate from the University of Santiago in 1987 and professor of the same since 1989. Author of 70 scientific publications in international journals. Since the completion of my doctoral thesis on transport measures in superfluid helium, my orientation was eminently experimental, applied to the properties of electrical and thermal transport high-temperature superconductors, with particular emphasis on instrumental programming. In recent times, I have developed a model of thermal quenching behavior applicable to any system not linear, having been so close the action-model-comparison cycle in this area. My research work has been recognized with 4 administrations. As for my educational contributions, quote developing two books, Solid State Physics (ISBN 978-84-9750-906-0) and exercises done (ISBN 978-84-9887-140-1), commonly used in our faculty. I have also developed a complete laboratory practices virtual (ePrácticas), General Physics level as a contribution to a field (e-learning) where they still expect a strong development. His eventual disclosure or export is unfinished business.



Sobre J. Maza

Licenciado en CC. Físicas pola Universidade de Zaragoza en 1978. Doutor pola Universidade de Santiago en 1987 e profesor Titular da mesma desde 1989. Autor dunhas 70 publicacións científicas en revistas internacionais. Desde a realización da miña Tese Doutoral sobre medidas de transporte en helio superfluido, a miña orientación foi eminentemente experimental, aplicada ás propiedades de transporte eléctrico e térmico dos superconductores de alta temperatura, con especial énfase na programación instrumental. Nos últimos tempos, elaborei un modelo de comportamento de quenching térmico aplicable a calquera sistema non lineal, podendo así pechar o ciclo medidas-modelos-comparación nesta temática. A miña tarefa investigadora foi recoñecida con 4 sexenios. En canto ás miñas contribucións docentes, cito a elaboración de senllos libros, Física do Estado Sólido (ISBN 978-84-9750-906-0) e Exercicios Resoltos (ISBN 978-84-9887-140-1), de uso habitual na nosa facultade. Así mesmo, elaborei unhas prácticas de laboratorio completas virtuais (ePrácticas), de nivel de Física Xeral, como contribución a un campo (e-learning) onde aínda cabe esperar un forte desenvolvemento. A súa eventual divulgación ou exportación é un asunto pendente.



The LBTS laboratory is a partner of the ENERMAT transnational network


Printer-friendly version - Contact webmaster - Website admin - Page admin
Page last modified on October 10, 2016, at 11:15 AM.